Política de cookies

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, Reservas.gal informa a usuarias/os da ultilización de cookies para mellorar o servizo prestado.

Que é unha cookie?

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se garda no teu navegador cando visitas case calquera web. Serve para que a web lembre a túa visita e garde algunha información básica de ti, e así teñas unha mellor experiencia cando volvas navegar por ela.
Para os efectos legais en Europa, sistemas alternativos ás cookies, como local storage (onde a información non se garda nun servidor, senón no teu navegador), teñen a mesma regulamentación.

Que información gardan?

As cookies adoitan gardar información de carácter técnico, preferencias persoais, información para a personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns ás redes sociais, o teu acceso como usuario etc. O seu obxectivo é adaptar o contido da web ao teu perfil e ás túas necesidades. Sen cookies, os servizos que ofrecen as webs veríanse eivados notablemente.
As cookies non adoitan gardar información realmente importante sobre ti, nin tarxetas de crédito nin datos bancarios, nin fotografías, nin o teu DNI, nin información persoal. Os datos que gardan son só de carácter técnico sobre as túas preferencias de acceso á web (idioma, tipo de perfil, etc.), contidos que xa tes visto, páxinas que visitas etcétera.
Por outra parte, esta información que gardan non queda asociada a ti persoalmente (ao teu nome), senón ao navegador do teu ordenador ou móbil. De feito, se adoitas navegar co ordenador e probas a facelo co móbil, ou se mudas de navegador, comprobarás que a web non se dá conta de que es a mesma persoa e vas ter que escoller idioma de novo e seleccionar cousas que xa seleccionaras no outro dispositivo. Ou sexa, a cookie dáse conta de cal é a máquina que a está consultando, non de quen é o humano que está detrás.

Que cookies emprega esta web?

Técnicas

As cookies técnicas permiten a usuarias/os a navegación a través da páxina web e a utilización ds diferentes opcións ou servizos que ofrece. Por exemplo: Controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, etc.

De personalización

As cookies de personalización permiten a usuarias/os acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas. Por exemplo: O idioma ou o tipo de navegador.

Analíticas

As cookies analíticas son aquelas que permiten ao responsable das cookies o seguimento e análise do comportamento de usuarias/os dos espazos web. Utilízanse para medir a actividade do espazo web e para crear perfís de navegación de usuarias/os.

Durante canto tempo están activas as cookies?

As cookies desta páxina poden permanecer activas durante o tempo que o responsable das mesmas determine, cualificándose como cookies persistentes.

Quen xestiona as cookies desta páxina web?

As cookies técnicas e de personalización xestiónaas o propio titular da páxina web mentres que que as cookies analíticas xestionas un terceiro, neste caso Google Analytics. As persoas usuarias/os poden obter máis información sobre cómo funcionan as cookies analíticas de Google no seguinte enlace.

Queres evitar as cookies?

Podes restrinxir, bloquear ou borrar as cookies de calquera web que utilices se configuras o teu navegador. En cada navegador, a operativa que tes que seguir é diferente, pero a función de ‘Axuda’ do seu soporte técnico amosarache como facelo en cada un destes casos:

Tes máis dúbidas sobre as cookies nesta web?

Para calquera dúbida ou consulta sobre o uso de cookies nesta web, contacta con reservas@reservas.gal