-
As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto para que as familias poidan acudir cos seus peques a escoitar, participar e, se queren tamén, merendar, nun espazo perfecto ao aire libre!
-
Para seguirmos sendo prudentes, haberá limitación de prazas e, polo tanto, será necesario inscribirse previamente. Todas as persoas precisan entrada, independentemente da súa idade. Poden adquirirse de balde dende o xoves anterior a cada cita en reservas.gal
-
Non esquezades levar a máscara e unha mantiña para sentar na herba!
-
Á hora do inicio do espectáculo as entradas non utilizadas perderán validez e ocuparase o espazo baleiro por orde de chegada!