Cabalgata de Reis Compostela 2022

5 de xaneiro de 2022
Santiago de Compostela
date_range

COMO PARTICIPAR NA CABALGATA?

As nenas e nenos que queiran participar na cabalgata poderán inscribirse no sorteo cubrindo o formulario correspondente á súa idade:

  • Crianzas de entre 12 e 16 anos: poderán participar como paxes nas carrozas dos Reis Magos. Inscrición individual.
  • Crianzas de entre 3 e 12 anos: poderán participar nas carrozas da Estrela e do Carteiro Real e deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. Máximo 1 acompañante e 2 crianzas por inscrición.
  • A inscrición previa a través de dous formularios, un para cada franxa de idade, estará aberta dende o día 1 de decembro ás 10 da mañá ata o día 20 dedecembro de 2021 ás doce da noite.
  • O sorteo realizarase o día 22 de decembro.
arrow_downward 2 eventos

Sorteo de acompañantes para as carrozas da Estrela e do Carteiro Real

Para crianzas de entre 3 e 12 anos.

  • As nenas e nenos de entre 3 e 12 anos deberán ir na carroza acompañados por unha persoa adulta.
  • Cada inscrición non poderá ter máis de 3 persoas e só poderá haber unha adulta por grupo (2 crianzas + 1 acompañante).
  • As inscricións para o sorteo fanse xa en grupo, indicando nome completo da persoa acompañante e da crianza ou crianzas.
Mércores, 05 de Xaneiro de 2022 / 16.30h
Avenida de Ferrol, Conxo
Santiago de Compostela
Rematado o prazo de participación

Sorteo de paxes para as carrozas dos Reis Magos

Para nenas e nenos de entre 12 e 16 anos

  • Os nenos e nenas aspirantes a Paxes Reais deberán ter idades comprendidas entre os 12 a 16 anos.
  • Para a súa participación será preciso unha autorización asinada pola nai/pai ou titor/a legal, que se solicitará ás persoas seleccionadas despois do sorteo.
  • As inscricións son individuais.
Mércores, 05 de Xaneiro de 2022 / 16.30h
Avenida de Ferrol, Conxo
Santiago de Compostela
Rematado o prazo de participación