O camiño que nos une

Do 1 ao 23 de outubro de 2021
Comarca de Ordes: Ordes, Tordoia, Mesía, Frades, Cerceda, Oroso, Trazo
date_range

O proxecto de dinamización 'O camiño que nos une', no que o GDR ASDECOMOR colabora coa AGADER e coa Secretaria Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo vincular o patrimonio natural e cultural coa visibilidade do territorio e da propia Asociación de desenvolvemento da Comarca de Ordes.

A proposta persegue a creación dun camiño que una os sete concellos da comarca, dando visibilidade en cada un deles a un espazo patrimonial de interese natural,cultural, histórico, arquitectónico...

O proxecto 'O camiño que nos une' xorde amais nun momento en que a importancia do coidado e a conexión coa natureza medra imparable na conciencia social colectiva polo que o proxecto quere amais contribuír á observación e conservación dos nosos espazos naturais,satisfacendo unha parte da demanda de programación cultural e de usos eco-recreativos do medio rural. Unha iniciativa que se implica na creación de estratexias e programas de turismo responsable na Comarca de Ordes.

Recomendacións e normas para a participación nas andainas:

  • As andainas teñen unha lonxitude media de 4km e presentan dificuldade baixa.
  • Recomendamos o uso de zapato e roupa cómoda e adecuada ás condicións meteorolóxicas das xornadas.
  • Recomendamos traer chalecos ou algún elemento reflector para a andaina.
  • A duración total prevista en cada xornada é de dúas horas.
  • É obrigatorio o uso de máscara durante toda a actividade.
  • Nas andainas con recorrido non circular contaremos con servizo de autobús para a volta ao punto de partida.
arrow_downward 7 eventos

Ordes: Andaina Tramo Camiño Inglés

17.00h Andaina Tramo Camiño Inglés (Buscás_Poulo)
18.00h Actuación musical con Ailá

Punto de encontro:
Igrexa de San Paio de Buscás (15687 A Rúa, Ordes)
https://goo.gl/maps/VNJPeaAJ2Hwp67zf7

Venres, 01 de Outubro de 2021 / 17.00h
Igrexa de San Paio de Buscás
A Rúa, Ordes

Tordoia: Andaina Dolmen de Cabaleiros – Pedra Longa

11.00h Andaina Dolmen de Cabaleiros_Pedra Longa
12.00h Actuación musical con Ailá

Punto de encontro:
Piscina Municipal de Tordoia
https://goo.gl/maps/UseuBtUEx1ohTBHB8

Sábado, 02 de Outubro de 2021 / 11.00h
Piscina Municipal
Tordoia

Mesía: Andaina Brañas de Valga

17.00h Andaina Brañas de Valga
18.00h Actuación musical con Emilio Rúa

Punto de encontro:
As Brañas, Visantoña
https://goo.gl/maps/PEgumrGJefJRdCv97

Venres, 15 de Outubro de 2021 / 17.00h
As Brañas, Visantoña
Mesía

Frades: Andaina Pazo de Galegos

11.00h Andaina Pazo de Galegos
12.00h Actuación musical con Laroá

Punto de encontro:
Campo da festa de Galegos
https://goo.gl/maps/KKfeaVukXxr1aGeM8

Sábado, 16 de Outubro de 2021 / 11.00h
Campo da Festa de Galegos
Frades

Cerceda: Andaina Paseo Río Cabancos – Vía Verde

17.00h Andaina Paseo Río Cabancos_Vía Verde
18.00h Actuación musical con Laroá

Punto de encontro:
Comezo do Paseo do Río Cabancos
https://goo.gl/maps/rREqo1EzBsvzbY348

Sábado, 16 de Outubro de 2021 / 19.00h
Paseo do Río Cabancos
Cerceda

Oroso: Andaina Ruta do Tambre

11.00h Andaina Ruta do Tambre
12.00h Actuación musical con Cintaadhesiva

Punto de encontro:
Casa do Concello de Oroso
https://goo.gl/maps/UBdsbkiMVKRuGYBN8

Sábado, 23 de Outubro de 2021 / 11.00h
Casa do Concello
Sigüeiro, Oroso

Trazo: Andaina de San Lúcas

17.00h Andaina de San Lúcas
18.00h Actuación musical con Emilio Rúa

Punto de encontro:
Igrexa de San Martiño de Monzo
https://goo.gl/maps/ALoJavGixyNh8PcdA

Sábado, 23 de Outubro de 2021 / 17.00h
Igrexa de San Martiño de Monzo
Trazo