XLII Mostra de Teatro Galego
NORMAS PARA O PÚBLICO
O Concello de Cariño, comprometida con a seguridade do público asistente e as persoas traballadoras implantará na Mostra de Teatro Galego unha serie de medidas preventivas dirixidas a evitar posibles accidentes e a propagación da COVID19. Para logralo, a colaboración do público é esencial, polo que trasladamos unhas sinxelas normas a respectar para o seu coñecemento.
- Existe un plan de continxencias e un equipo para a súa implantación no evento. Rogamos que siga as súas instrucións e respecte as sinais existentes no recinto.
- En caso de manifestar síntomas compatibles con a COVID19 ou mantivera contacto con persoas que sospeiten ou sufran a enfermidade, non poderá acceder ao recinto do evento.
- No momento do acceso ao recinto, deberá desfacerse das luvas, en caso de que as porte, e hixienizar as mans con o xel que porá a organización a súa disposición.
- Tanto no exterior como no recinto, o uso da máscara é obrigatorio.
- Unha vez no recinto, unha persoa responsable indicaralle o asento a ocupar. Unha vez que ocupe o asento asignado, rogámoslle que reduza ao imprescindible a circulación polo recinto.
- Debe portar ou deixar debaixo do seu asento as súas pertenzas persoais, evitando que as mesmas impidan a normal circulación do resto do público.
- Ao remate da actuación, deberá utilizar a saída habilitada pola organización, que estará debidamente sinalizada, evitando manterse no recinto máis tempo do imprescindible.
- Unha vez fora do recinto, rogámoslle que evite as aglomeracións.
AS RESERVAS PARA AS SESIÓNS ETIQUETADAS COMO 'PROXIMAMENTE' ACTIVARANSE O 11_08 ÁS 10 HORAS.