XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño
NORMAS PARA O PÚBLICO
O Concello de Cariño, comprometida con a seguridade do público asistente e as persoas
traballadoras implantará na unha serie de medidas preventivas dirixidas a evitar posibles
accidentes e a propagación da COVID19. Para logralo, a colaboración do público é esencial,
polo que trasladamos unhas sinxelas normas a respectar para o seu coñecemento.
- Existe un plan de continxencias e un equipo para a súa implantación no evento.
Rogamos que siga as súas instrucións e respecte as sinais existentes no recinto. - En caso de manifestar síntomas compatibles con a COVID19 ou mantivera contacto
con persoas que sospeiten ou sufran a enfermidade, non poderá acceder ao recinto do
evento. - No momento do acceso ao recinto, deberá hixienizar as mans con o xel que porá a
organización a súa disposición. - Tanto no exterior como no recinto, o uso da máscara é obrigatorio.
- Unha vez no recinto, unha persoa responsable indicaralle o asento a ocupar. Unha vez
que ocupe o asento asignado, rogámoslle que reduza ao imprescindible a circulación
polo recinto. - Debe portar ou deixar debaixo do seu asento as súas pertenzas persoais, evitando que
as mesmas impidan a normal circulación do resto do público. - Ao remate da actuación, deberá utilizar a saída habilitada pola organización, que estará debidamente sinalizada, evitando manterse no recinto máis tempo do imprescindible.
- Unha vez fora do recinto, rogámoslle que evite as aglomeracións.